O Celta acadou onte a súa victoria máis dufrida da tempada, o conxunto vigués tivo que sobrepoñerse á nefasta actuación do colexiado asturiano Piñeiro Crespo, e aprendeu, por fin, a manter o resultado.
Paco Herrera voltou ó once que tan bós resultados lle ten dado durante toda a campaña, desta vez Iago Aspas e Joan Tomás empezaron o partido no banco; Herrera sacou o seu clásico 4-2-3-1, con Falcón na porta, Murillo, Vila, Catalá e Lago na defensa, López Garai e Bustos no pivote, Trashorras, De Lucas e Álex López na media e David Rodríguez na dianteira.
O partido comezou coma sempre nesta tempada, cun Celta dominando o encontro e acorralando ó Salamanca preto da súa área. Así as primeiras ocasións foron pos celestes, a máis clara foi un gol anulado a De Lucas no minuto 10, nunha contra ben levada por Álex López (o mellor do encontro). Despois dos bos disparos do canteirán puxeron en apuros a Biel Ribas; despois chegou a mellor ocasión para abrilo marcador pero unha vez máis David Rodríguez mandou a súa cabezada por riba do longueiro cando o máis fácil era mete-lo balón dentro da portería, xa que se atopaba completamente só dentro da área pequena. Parecía que o Salamanca iríase ó descanso cun empate inmerecido, xa que nin siquera se achegara as inmediacións da área de Falcón; pero nunha boa xogada do ataque céltico, unha gran triangulación de Álex López, De Lucas e Trashorras, o balón quédalle a este último que aguanta moi ben as tarascadas do defensa "charro" e plántase diante de Biel Ribas ó que bate cun disparo moi certero colocando o 1-0.

Na reanudación o partido comezaba cun Salamanca máis agresivo, e na súa primeira achegada á area viguesa; Sito Castro colga un balón que peta na mán de Murillo (de maneira totalmente involuntaria), o árbitro pita e sácalle o segundo cartón amarelo. Esta acción pode ser entendida como correcta, pero o primeiro cartón que lle sacou na primeira metade por desplaza-lo balón nunha falta, ou esa foi a apreciación do colexiado, foi totalmente inxusta; así que por dúas decisións moi rigurosas por parte do colexiado, o Celta quedouse cun home menos toda a segunda metade.
Así con este panorama Paco Herrera moveu ficha, e trocou a Trashorras (quizáis o home menos sacrificado físicamente do equipo) por Sergio Ortega, pasando a Vila para o lateral; deixando un 4-4-1 como esquema do equipo. O Salamanca botouse arriba pero sen causar demasiado perigo na meta defendida por Falcón, quizáis a escuadra "charra" abusou demasiado dos balóns longos buscando a Marcos Máqruez, pero ningunha das cabezadas do veteran dianteiro deu o resultado esperado, de feito a mellor xogada da segunda metade foi unha falta botada por De Lucas dende case 35 metros que petou no longueiro xa que pillou adiantado a Biel Ribas, que quizáis esperaba un balón colgado ó área. O Celta tamén dispuxo de dúas contras ben levadas por Álex López que non atoparon rematador; o traballo do canteiran foi incomensurable durante toda a segunda metade, facendo un gran despliegue físico. No 80, Herrera deu entrada a Dani Abalo por De Lucas, anteriormente buscou máis velocidade coa entrada de Joan Tomás por David Rodríguez, buscando velocidade e desborde pola banda nalgunha contra xa que o Salamanca atopábase completamente volcado ó ataque. Pero 2 minutos, voltou Piñeiro Crespo, desta vez expulsando con cartón vermello directo a Yuste por unha entrada a Roberto Lago, a tarxeta foi moi rigurosa, cun cartón amarelo bastaba, pero quizáis quixo compensar o desaguisado anterior. De aquí ó final o Celta aguantou ben e o Salamanca non foi quen de atacar máis debido ó estado de indignación co colexiado.
Victoria importantísima para o Celta que se pon a 1 só punto do Rayo, e segue coa súa boa andaina na división de prata, se voltan as victorias lonxe de Balaídos pode que acade unha das dúas prazas que dan o ascenso directo á máxima categoría.
O equipo leva unha 1ª volta moi boa, e que de termos estado mais finos en momentos clave dalgúns partidos que deixamos escapar cando xa eran nosos, estaríamos mirando ó Betis po-lo retrovisor.
ResponderEliminarTemos os mesmos puntos na actual xornada 17 que nas xornadas 33 dos derradeiros 2 anos, co que é evidente que o obxectivo que se puxo sobre a mesa no mes de Setembro de rematarmos entre os 7 primeiros claisficados quedóusenos pequeno fai xa unhas cantas xornadas, de xeito que o normal sería comparar de agora en diante ó equipo coas clasificacións dos dous derradeiros ascensos a 1ª división.
Así, no ano 92 (contando as victorias x 3 ptos) tiñamos 33 puntos, e no ascenso con Vázquez estabamos cuns 27. Po-lo tanto, agora o é momento de sermos ambiciosos e declarar o ascenso directo coma o obxectivo principal, e xogar a lotería dos play-off coma un premio menor. Visto o potencial do equipo, non podemos pecar de conformistas e desperdiciar unha primeira volta que, de ter sido noutro ano cunha clasificación da Liga BBVA menos partida, falaría dun Celta líder da categoría a estas alturas.
Confírmase o pálpito: este ano, sí!