domingo, 12 de diciembre de 2010

O Celta segue a perdoar

O Celta amosou que, se se relaxa, se perde a concentración que debe esixíselle duranto todo o partido, acaba botando polo chán o bo traballo que adoita realizar nas primeiras metades.

O partido comezou de cara para un Celta dominador do xogo e acaparador das primeiras ocasións con certo perigo, con algún tiro lonxano de Trashorras ben atallado polo porteiro local, o ex de Las Palmas, Santamaría.

Ó redor do minuto 30 chegaría o gol celeste nunha xogada de estrateixa tras un corner botado en curto, a xogada que tantas e tantas veces saía mal na era Eusebio, que Trashorras colga na area e que atopa o testarazo dun Catalá que non perdoa e acada o seu segundo tanto neste ano.
E despois do gol, cando o equipo tiña que tomar o mando do encotro e procura-lo gol da tranquilidade, esvaeceuse o Celta. O Xirona, que non chegara unha soa vez á meta de Falcón ata entón, comezou a mover o partido, amosando por partes un bo xogo, e a quecer ó cancerbeiro gaditano do Celta con alguna boa ocasión, en especial de Peragón pero que foi moi ben desbarallada por Falcón.


Tra-la reanudación, o partido comezaba a porse costa arriba para un Celta que precisaba aire fresco cos trocos. E xusto na xogada menos perigosa do Xirona, o balón acaba sendo inocentemente enviado a corner pola defensa celtiña, corner no que o balón lle cae a Luso que envía un forte chut imparable para o gardamallas celeste e que puña as merecidas taboas no marcador.

Ámbolos dous adestradores non o pensaron mais e moveron o banquiño, cuns acertados trocos locais, entrando os onte moi perigosos Moha e Kike Ratón, e por parte céltica entrando Abalo, De Lucas e David, con aportacións que foron, cando menos, discretas.

De aquí o final, partido trabado, coas defensas moi pechadas e pouco xogo, co que non houbo moito mais que contar dun encontro que non viu mais movementos no reseñables que influíran no marcador, co conseguinte reparto de puntos.

A destacar o troco do 11 inicial de Herrera, que premiou a capacidade revulsiva dos derradeiros bos partidos de Aspas e Joan Tomás, mellor o de Cangas que o catalán, involucrando na competición deste xeito á maioría do plantel, e dando descando a xogadores que levan acumulación de minutos nas pernas como De Lucas e David. Tamén o detalle do reencontro do ex capitán Fran Noguerol cos que ata o ano pasado foran os seus compañeiros, un home moi querido no vestiario, que tivo un encontro correcto en defensa, e que para máis detalles, non festexou o gol do empate do Xirona como declarado celtista que é.

Resumindo, xusto reparto final se atendomos ó global do partido, pero que mediada a segunda metade tanto puido gañar o Xirona ante un Celta que rematou pedindo a hora, coma tamén puideron gañar os vigueses de ter rematado as ocasións e matado o encontro (lastre que veñen arrastrando toda a tempada) nunha primeira metade que foi case completamente súa, e que novamente, non soubo aproveitar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario