Os primeiros 3 puntos do ano acadounos o Celta no partido, se cadra, no que menos mereceu perder o rival en toda a tempada, ante un Raio Vallecano que deixou moi boa imaxe e que sen dúbida non mereceu un marcador final tan abultado.
Comezaba o encontro cun tiro lonxano de Hugo Mallo que a piques estivo de sorprender a Cobeño, mais sería só un espellismo xa que no Raio, moi volcado en ataque, eran sabedores de que tiñan que levar o mando do encontro dende o 1º minuto se querían manter ó Celta fora do encontro, e a boa fé que o acadaron. Co seu clásico 4-2-3-1, no que Javi Fuego é o cerroxo que lle aporta a Movilla a tranquilidade defensiva precisa para adicarse a mover o xogo, cunhas perigosísimas entradas por bandas por parte de Trejo e Piti, e cun Armenteros con liberdade de movementos para asociarse cun excelente Aganzo en punta, deixaron a un desidioso Celta en “or-said” durante case que toda a 1ª metade.
Os madrileños eran donos do encontro, e reflectíase nas ocasións, cun gol e 2 tiros ó longueiro en só 3 mins. O 1º tiro á cruceta de Armenteros no min 6, que foi o preludio ó gol de Coke que só tivo que empurrar a bola tras boa xogada combinativa do equipo, e cun 2º chut ó traveseiro nesta ocasión de Trejo antes dos 10 minutos de xogo.
O dominio do Raio foi incontestable, salvo se cadra cando rondabamos os 20 mins de xogo, cun bo centro de Trashorras que non atopa o remate axeitado de Catalá, pero a xogada foi boa e amosaba que o Celta quería espertar, nalgún caso concreto coma o de Michu de xeito literal, xa que foi ahí cando se comezou a ver que os galegos xogaban tamén con 11 no campo, cando o asturiano asistiu a un David Rodríguez que controla mal e que finalmente non é quen de batir a Cobeño. Pasado este pequeno bache o Raio retomou o control e comezaría o mal partido do árbitro, que anula de xeito cando menos riguroso un bo tanto de chilena a remate de Aganzo por presunta falta no control.
Os vigueses salvábanse de volta no minuto 40 cando Falcón fai a parada do partido a remate a bocaxarro de Aganzo na area cativa tras un corner, chegando ó desexado descanso cun Raio desquiciado polas ocasións desaproveitadas, que deixaron no marcador un 1-0 que en principio semellaba agasallo abondo para os celestes, que lles daba a ocasión de meterse no encontro na segunda metade cando ninguén que vira a primeira podía cree-lo atendendo ós méritos duns e doutros.

Consciente da boa oportunidade que se lle presentaba, o Celta saíu a morder cos mesmos 11 do inicio (e de toda a tempada, salvo o sancionado Garai) buscando a ocasión de que poidera soar a frauta e roubarlles a carteira ós locais. E fixérono tendo ó mando do equipo a un enchufadísimo (unha vez mais) Quique De Lucas, que foi letal entrando por velocidade unha e outra vez nas contras por banda dereita. Chapeau para a tempada deste xogador.
E nunha destas contras chegaría o gol do empate. De Lucas métese no area e recibe un bo centro de Michu, controla e nunha xogada moi enbarullada da que remata sacando un balón aereo moi vertical que, en boca de gol, non é atinado a despexar a corner por Arribas, que acaba batindo ó seu gardamallas.
E vaia que lle soaba a frauta ó Celta, que se non se podía maxinar empatando ós 3 minutos da reanudación tra-la mala 1ª parte amosada, menos podía pensar que antes dos 10 mins da segunda metade xa estaría por diante ó culminar David unha gran contra tras saque rápido de Alex levada por De Lucas, xusto despois dun penalti a Aganzo non pitado por un fora de xogo previo inexistente. Demasiado castigo para un Raio que semellaba noqueado, que non podía creer que estivera a perder 3 puntos que xa tiñan na saca, pero isto amósanos unha vez mais que os partidos nunca rematan ata que o árbitro pita e recolle o balón. Dende eiquí, o Celta tomou o mando con verdadeira autoridade por vez primeira no partido, control que xa non soltaría deica o final.
Paco Herrera, seguindo co seu habitual guión de sustitucións, trocou no 70 a Joan Tomás por Trashorras, se cadra sabedor que con el e Michu no campo é demasiada pasimonia, e fai falla alguén que meta maior intensidade no xogo para non perder o valioso botín acadado, como tantas veces acontecía en tempadas anteriores. O Raio tentouno dando entrada a un segundo dianteiro coma Delibasic en detrimento de Movilla, pero o Celta estaba moi ben posicionado.
O Raio recuperaba por partes o balón, pero cun dominio compretamente esteril, grazas unhas veces ó longueiro e outras a un sempre fiable Falcón que atallou unha perigosa dobre ocasión na area pequena. Os celestes seguían facendo dano nas contras, ata o punto de que no minuto 81 consumábase a mala sorte do Raio, que encaixaba o 3º gol de xeito acorde ó global do partido. Tras escapada en carreira de De Lucas de Amaya, este último racha fibras en plena carreira e deixa ó catalán dentro do area en solitario, asistindo así plácidamente a un David Rodríguez que chega xustiño e entre a duras penas e a trompicós, xa sen forzas e sen moito tino a verdade, remata coa perna mala metendo o balón na portería no último suspiro rozando a base do pau esquerdo. O dito, a sorte onte tíñalle alerxia á cor branquivermella.
Unha parte para cada equipo, inda que curiosamente o Celta non rematou de deixar boa imaxe na sua. Mal partido do colexiado, moi sólido o de Falcón e decididamente gran encontro dun De Lucas que confírmase coma fundamental no que queda de carreira polo ascenso. Deste xeito, o Celta supera ó Raio en 2 puntos e é de momento 2º a 6 puntos do Betis, e visto o bo fútbol amosado neste encontro, preveese unha dura loita pola 2ª praza case que en exclusiva entre madrileños e galegos, salvo que os da beira do Guadalquivir rematen tirando a tempada polo chán nos vindeiros meses, cousa bastante improbable salvo que se confirmaran os peores agoiros sobre a posible debacle económica dos de Gordillo.
Semella claro por tanto, que de seguir así o decisivo mes de Xaneiro (no que haberá que visitar Elche, Cartaxena e Barcelona; e recibir ó Xerez) meteriámonos de cheo na loita polo 2º posto de ascenso directo, que cada xornada que pasa é mais un pulso entre os contendentes deste derradeiro partido vivido na mañá do Domingo no Estadio Teresa Rivero de Madrid.
Ben habería que comentar tamén que na primeira parte Paco Herrera plantexou mal o partido cun equipo moi físico e descolocado; sobre todo cun De Lucas lonxe da banda, e cun trivote sen sentido pondo a Michu con calzador na alineación, penso que a este rapaz o mellor que lle podería pasar e irse a outro equipo, pero non creo que nun de primeira teña sitio.
ResponderEliminarAdemáis de todo o comentado, inda tivemos máis sorte xa que Movilla tamén mandou un balón o poste na primeira metade, e o colexiado anulou un golazo de chilena a Aganzo por falta inexistente deste, se aínda por riba por primeira vez na tempada o colexiado axuda ó Celta.
E na segunda ese fútbol control do que se fala non foi tal, xa que recordo unha cuádruple ocasión do Raio que desbaratou Falcón e a defensa baixo a liña de cal que puido ser o 2-2.
E tampouco entendo o ostracismo de Iago Aspas, e menos aínda tendo en conta que David Rodríguez non está para botar foguetes, xa que anda moi canso, o primeiro gol que mete é un claro exemplo, chega moi tarde e case manda o balón fóra. Ademáis de non aportar nada na primerira metade, onde necesitabamos un home de asociación como o rapaz do Morrazo.
Chapeau para De Lucas, Bustos, Falcón e os rapaces da defensa que fixeron un moi bo partido.