lunes, 6 de diciembre de 2010

Triunfo vital.

O Celta conseguiu onte un triunfo importantísimo en Balaídos diante dun rival directo. Nunha mañá típica de inverno o equipo vigués gañoulle 2-0 o Clube Deportivo As Palmas.

O partido xogouse case na súa totalidade baixo unha forte tromba de auga que dificultou moito o xogo de combinación de ambos conxuntos. Hai que destacar o ben que aguantou o céspede do coliseo vigués.

O partido comezou como se esperaba, cun Celta buscando as combinacións rápidas e directas cara a portería rival, mentras que As Palmas intentaba asentarse no partido imprimindo un fútbol máis lento con posesións largas e xogadas máis elaboradas. As primeiras xogadas de perigo levounas o Celta con dúas boas chegadas de David Rodríguez que non soubo materializar; na primeira tarda moito en chutar á porta e na segunda non acerta coa portería por moi pouco. As Palmas inquedou á bancada cunha boa xogada culminada por Javi Guerrero (un dos tres excélticos do equipo rival, os outros eran Guayre e Jorge Larena) en gol, pero a súa posición era ilegal, un “or-said” claro. No minuto 11 desequilibrouse o marcador, nunha boa internada pola dereita de De Lucas, que previamente recibira un desplazamento en longo de López Garai, chega á liña de fondo, centra e cando David Rodríguez so tiña que empurra-lo balón Aythami adiántase marcando en propia porta, 1-0. Este gol deu folgos ó Celta que seguiu buscando un segundo gol, tendo boas ocasións as máis claras en dous disparos de Álex López que non atoparon portería. O Celta mereceu máis pero o marcador non se moveu.

Tra-lo descanso, o Celta pareceu saír durmido, e As Palmas non o soubo aproveitar xa que marrou alguna ocaisión clara, coma un testarazo do colombiano Perea que se marchou por moi pouco. Os celestes semellaban moi cansos, só Bustos (que deleitou á bancada con xogadas de moita calidade, ruletas marsellesas incluidas) e Álex López mantiñan o tipo no medio do campo. Paco Herrera deuse conta e realizou tres trocos fundamentais para péchalo partido; deu entrada a Abalo, Joan Tomás e Aspas por Álex López, De Lucas e David Rodríguez. E nos últimos 15 minutos o Celta retomou o mando do partido, sobre todo despois da entrada de Iago Aspas como dianteiro centro, facendo unha moi boa labor de referencia, retendo o balón e asistindo a seus compeñeiros. Dúas asistencias claras, unha que lle deixa na frontal a Trashorras, na que éste tira pero Barbosa envía a saque de esquina nunha intervención de mérito; e na segunda outra deixada na frontal que Joan Tomás fulmina facendo o 2-0. Iago realizou un gran traballo de asociación e de referencia de ataque, facendo o xogo do Celta máis combinativo dando máis opcións que o desmarque en profundidade como fai David Rodríguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario