Primeriramente gustaríame destacar o gran ambente no estadio, con case por fin 16000 espectadores nas bancadas do coliseo vigués; parece que estes rapaciños están a encandilar á afección.
O partido empezou cun ritmo moi forte o implantado polo Celta, cun xogo directo e trepidante, o Betis pola contra estaba completamente fóra do partido nestes primeiros 30 minutos, xa que non xogaba a nada. Nesta primeira media hora de xogo o Celta marrou dúas claras ocasións de gol; a primeira delas foi un man a man entre De Lucas (chapó para este xogador, eu pensei que se ía dedicar á vida contemplativa en Vigo) e o porteiro Goitia, que desbaratou este último, a xogada produciuse despois de un gran pase entre liñas de Trashorras; a outra xogada tratouse dunha cabezada de David Rodríguez no segundo pau onde era máis sinxelo marcar que botar o balón fóra. Pero cando levábamos algo máis de media hora de partido, o Celta adiántase no marcador, nunha xogada con polémica, xa que Hugo Mallo lévase o balón coa man despois dun rexeite do defensor bético, chega a liña de fondo e da un pase atrás para que Álex López, outro canteirán, marque dun potente disparo.
Con este gol, o Celta baixou un pouquiño o ritmo, e o Betis estirouse un pouco; pero non remataba de abastecer de balóns a Rubén Castro, Momo non conseguía desbordar a Murillo nin a Hugo Mallo, xa que cambiou de banda nun intento desesperado por levar perigo, Salva Sevilla non fixo o que nel é habitual pero sobre todo notábase a falta dun crack Emaná que non se zafaba da ferrea marcaxe a que foi sometido por Bustos “o Gatusso Charro”. E así co 1-0 chegamos ó descanso.
Na reanudación máis do mesmo, intensidade, velocidade e xogo ditrecto por parte do Celta, e intención por combinar e tomalo mando do partido por parte do Betis. O Celta aguantou o ritmo infernal de partido que propuxo outros 20 minutos. Neses minutos dispuxo dunha magnífica ocasión ben levada por Trashorras e Dani Abalo (que entrara na segunda parte) que rematou o primeiro ó poste. A partires deste intre, o Celta baixou o ritmo do partido, normal por unha parte, e o Betis empezou a controla-lo partido. Por fin Emaná desplegaba o seu fútbol. E no minuto 20 da reanudación, Salva Sevilla mete un balón entre liñas por arriba que aproveita Rubén Castro para por o empate no taboleiro. Despois de aquí pouco fútbol, agás un remate a porta baleira no que non atiñan a marcar nin primeiro Emaná (lesiónase para tres semanas na xogada, faise unha escordedura de nocello) nin Molina despois, este último con todo a favor, manda incomprensiblemente o balón fóra. O Betis dedicouse a perder tempo con xogadores no chan e o Celta foi un quero e non podo, porque non teño forzas, despois do gran desdgaste.
Engadir que o colexiado Ceballos Silva, do colexio extremeño, estivo mal; e non polos dous penaltis que reclama o celtismo (foron dúas mans dentro da área moi difíciles de ver para o colexiado ou seus asistentes), se non pola súa actitude e permisividade cos xogadores do Betis cada vez que perdían tempo e finxían lesións nos derradeiros minutos do encontro.
Tamén comentar que non me gustaron nada os trocos feitos por Paco Herrera, sobre todo o de De Lucas (certo é que saía deunha lesión) por Dani Abalo, como tampouco o de Ález López por Michu. Non entendo que fai un xogador como Iago Aspas no banco nun partido coma este.
Tambien cabe mencionar que tras los primeros minutos de desconcierto, gran partido de Murillo en una posicion tan complicada para él como el lateral izquierdo.
ResponderEliminar