Os homes de Paco Herrera saíron ó Novo Zorrilla conscientes da importancia de acadar unha victoria que os achegara de volta á loita polo liderado, despois de perdoarlle a vida a un Betis inferior en Balaidos. Quen lles ía dicir que este encontro semellaría a 2ª entrega do partido da semana pasada: nova lección futbolistica ó rival, con remontada inicial incluida; e resucitando ó contrario nos derradeiros minutos do partido... pero coma segundas partes nunca foron boas, reserváronse un final aínda mais esperpéntico.
Comezou o Celta encaixando un gol moi cedo cun zarpazo de Nauzet, imparable para Falcón. Pero do mellor que ten este Celta con respecto ó dos anos anteriores é a súa capacidade de reacción. Nada semella complicado de mais cando Trashorras amosa a sua mellor versión, coma faría no 17 para asinar o empate, e mais ainda cando o equipo saca a súa mellor arma, as contras rápidas pola banda de De Lucas, quen tras boa xogada individual puña xusta vantaxe a prol dos visitantes. O Celta semellaba unha vez mais indomable pra un Valladolid, que recollería premio de mais, co 1-2 co q remataba a 1ª metade.
E como en todo o que levamos da tempada, o Celta queimaría as suas forzas e bo futbol ó sobrepasar a hora de partido, momento no que o combustible de Trashorras se esgota, e o bo xuízo de Herrera tamén. Tras entregarlle o partido ó rival, o Celta encaixaria o 2º gol dun recen entrado Jorge Alonso que aportou equilibrio ó seu medio campo, e de seguido comezaría a tolemia celeste. Primeiro dende o banquiño, Herrera sacrificaba unha vez mais a Álex López saindo por un Michu que con Trashorras no campo, ralentizan sobremaneira a máquina Celtiña nun momento no que habia que afogar o ímpetu do rival. A isto hai que sumarlle a mala sorte arbitral coa inxusta expulsión de Lago, e a posterior de Hugo Mallo que pecou da súa xuventude entrando ó trapo nunha trifulca na que o peor parado foi o seu equipo.
Esta tolemia non facía se non beneficiar os locais, que precisaban desquiciar a un Celta que fora aplastantemente mellor todo o encontro, e conseguírono, xa que os trocos de Herrera non aportaron nada nun partido xa roto, salvo unha triste actuación dun Joan Tomás que por uns intres semellaba un dos verdibrancos que visitarion Vigo a semana pasada, e no minuto 94 culminouse o desastre co gol da vitoria dun Valladolid que no xogo foi inferior, pero que soubo manexar o partido segundo os seus intereses, roubándolle a carteira a un Celta que levou un castigo excesivo, e que pecou no de sempre. Se cadra este pode ser o momento idoneo para facer unha analise profunda no equipo e mudar algunhas actitudes e costumes, tanto no campo coma no banquiño, que fan perder puntos fundamentais en partidos nos que se arrasa ó rival, puntos perdidos que comezan xa a estas alturas da tempada a alonxar ó equipo do tren do ansiado ascenso directo, cando a brecha que podia terse a favor a estas alturas podia ser considerable.
Eu penso que Pakito Herrera non fai ben os trocos. A que ben o de meter a Michu? Non se da conta de que Joan Tomás deu un baixón de xogo importante? Onde está Iago Aspas (xogador que cando saeu de refresco deu puntos)?
ResponderEliminarTen que facer trocos po próximo partido contra o Albacete. Por certo onde anda David Rodríguez, algune o veu nos derradeiros partidos?
O equipo sabe ó q xoga e faino ben, o q hai q facer é rematar ó rival cando se ten a ocasión.
ResponderEliminarO ekipo está a ter todo o gol q non tivo estes anos pasados xa q marcou en cada partido esta tempada, pero cando hai q matar o partido sempre perdoa e remata perdendo demasiados puntos no camiño.
Se a isto engadímoslle-lo inexplicable baixón (tanto de concentración, coma físco e táctico) no derradeiro cuarto dos partidos daremos coa fórmula q nos está a curtar as ás coas q poderiamos ir líderes da categoria.
Hai q porse as pilas e solucionalo mentres ainda sigamos a ser candidatos ó ascenso directo, e o momento hai q telo claro, TEN Q SER XA!