O desexo do Celta de acadar unha victoria que os achegase na clasificación ó Betis terá que agardar, canto menos, 7 dias mais. Un empate e grazas nun partido malo de principio a fin, por parte do Celta especialmente, aínda que gozou de ocasións boas abondo para rematar inclinando a balanza cara o seu lado.
Foi a Ponferradina o equipo duro na casa que leva amosando toda a tempada, cun xogo físico, directo e de velocidade. Mostra de isto foi que saíron aplastando ó Celta dende os minutos inicias, comezando fortísimo cun tiro ó pau e os conseguintes 2 rexeites marrados ante Falcón, cando a maioría dos 7.500 espectadores que ateigaron O Toralín ainda non rematara de sentarse nas suas localidades.
O Celta semellaba estar aínda frio, a Ponferradina dominaba sen oposición e pechou ó Celta a sufrir no seu campo, un tiro de Olmo tras regatear a Falcón foi detido no último intre por Hugo Mallo, quen deslizándose, e co covado pegado ó corpo, desvia a corner, estragando a mellor ocasión dos locais para adiantarse.
O Celta non entrou no xogo nesta xélida noite deica case o minuto 40, cando un chut sen moito tino de De Lucas levaba por vez primeira perigo á porteria dos do Bierzo. Na seguinte xogada é David Rodríguez quen ten todas as de marcar pero marra finalmente ante un Ian Mackay que fixo a primeira parada das moitas que faría ó longo do partido, nunha auténtica demostración da sua calidade baixo os paus.
O Celta non entrou no xogo nesta xélida noite deica case o minuto 40, cando un chut sen moito tino de De Lucas levaba por vez primeira perigo á porteria dos do Bierzo. Na seguinte xogada é David Rodríguez quen ten todas as de marcar pero marra finalmente ante un Ian Mackay que fixo a primeira parada das moitas que faría ó longo do partido, nunha auténtica demostración da sua calidade baixo os paus.
Minutos mais tarde sería un recén entrado Joan Tomás quen, con feble pero malintencionado testarazo permita un novo lucemento do porteiro local. De aqui ó final, a Ponferradina seguiría dominando o balón e o Celta contraatacando e malgastando ocasións, pero o marcador xa non se movería do 0-0 inicial.
Houbo que lamentar a lesión muscular de Hugo Mallo que semella levaralle ó menos 3 semanas para superar, foi substituido por un sobrio Murillo, troco obrigado que seguramente fixo que non puideran entrar finalmente a parella Abalo-Aspas, un bo xeito se cadra de abrir o campo.
Protagonismo dos porteiros en todo o encontro, a cotío síntoma dun mal partido, como así foi... partido para esquecer do resto de xogadores celestes en xeral, especialmente no tocante a David Rodríguez, negado na finalización e que estragou varias boas ocasións.
Con todo, bo partido da Ponferradina que segue amosando que no que respecta ós partidos da casa, é un rival pouco desexable. O Celta vaise do Bierzo cun puntiño nun campo ó que en principio chegaba de favorito pero no que rematou sendo bastante inferior todo o partido, e no que nen sequera soubo aproveitar as poucas pero claras ocasións que tivo para marchar como fan os grandes equipos nos malos partidos, aproveitar o mínimo esforzo para escapar cun botín moito maior ó merecido no terreo de xogo.
Non entendo coma pode ser que Iago Aspas non sexa titular neste equipo, así como tampouco entendo que non disfrute de minutos este rapaz, que quizáis houbera aberto un pouco máis o partido en ataque pro Celta.
ResponderEliminarO de David Rodríguez é de traca, de 4 ocasións clarísimas que tivo só diante do porteiro non meteu ninginha, esperemos que ó final de tempada non botemos de menos outros dianteiro que lle faga competencia.