Por fin un horario como os de antaño no coliseo vigués para ver un partido de liga, por fin as benditas 5 da tarde de Domingo; aínda que na redacción nestes últimos anos gústanos bastante o ires a Balaídos os Sábados despois de xantar.
Presentábase en Vigo o Albacete Balompié, unha escadra moi necesitada de puntos para intentares huir da zona baixa da clasificación, e diante un equipo celtiña que tiña que gañar si ou si, se non quería deixar escapar unha boa oportunidade para recortarlle puntos ó Betis e seguires na parte alta da clasificación.
Presentábase en Vigo o Albacete Balompié, unha escadra moi necesitada de puntos para intentares huir da zona baixa da clasificación, e diante un equipo celtiña que tiña que gañar si ou si, se non quería deixar escapar unha boa oportunidade para recortarlle puntos ó Betis e seguires na parte alta da clasificación.
E non comezou mal o partido para os vigueses, que na primeira ocasión da que despuxeron no minuto 2 de partido marcaron o 1-0; foi nunha xogada na que David Rodríguez recibe un pase entre liñas, regatea o seu defensor e por último encara a ó costarricense Keylor Navas e bateo por baixo. A partires de aquí chegaron os mellores 30 minutos do Celta no que levamos de tempada, unha media hora espectacular con chegadas de todo tipo, cun Albacete totalmente desbordado. O xogador máis activo neste tempo foi De Lucas, que dispuxo de tres disparos moi perigosos, e quizáis no que menos opcións tiña de marcar, xa que non tiña ángulo, mandou a pelota contra o poste. Tamén estiveron moi activos Álex López e Trashorras; pero en ningunha destas xogadas o Celta matou o partido. Así que o Albacete estirouse un pouquiño nos últimos 15 minutos, xa que o Celta baixara o ritmo de partido, e empezou a inquedar a meta defendida por Falcón, os ataques eran moi tímidos, pero no minuto 36 de partido aparecue unha vez máis o colexiado para asubiar unha pena máxima máis que discutible. Nun corner botado pola esquerda da portería de Falcón, o balón vai cara o borde da área, De Lucas e De La Cuesta forcexean e o colexiado pica e pita penalty. Abengózar executa maxistral a esquerda de Falcón, que aínda que fixo unha estirada de mérito non puido facer nada, 1-1 no taboleiro. De aquí o descanso pouco fútbol.
O Celta incluso coas baixas dos laterais, non estaba a sufrir en demasía na defensa, xa que tanto Murillo coma Vñictor Vázquez cumpliron extraordinariamente.
Na segunda metade, o Celta empeza renqueante sen ideas; ata que Paco Herrera decide ires a polo partido; así en catro minutos deu entrada ós xogadores máis incisivos que tiña no banco. Dende o 60 ata o 64 entraron neste orde: Dani Abalo, Joan Tomás e Iago Aspas, por Víctor Vázquez, López Garai e De Lucas. A xogada saeulle perfecta o técnico catalán, e ademáis veu acompañada ós poucos minutos pola expulsión de De Lerma por un entradón por detrás a Trashorras, en Albacete dirán que para compensar, pero xa tocaba que axudaran ó Celta un pouco; ademáis tamén nos primeiros intres da segunda amosoulle cartón amarelo a David Rodríguez por un covadazo que recibeu él.
Así cun Celta volcado ó ataque e con forzas novas debido ós tres trocos, chegou o 2-1. Foi no minuto 75 de encontró nunha triangulación na que participan Trashorras, David Rodríguez e Joan Tomás. O Celta segiu atacando, e o Albacete xa estaba moi canso polo esforzó feito e non daba coa tecla do ataque; así no 89 unha boa internada pola dereita de Iago Aspas, este chega á liña de fondo e saca un centro para que remate totalmente só Trashorras no segundo pau dun cabezazo perfecto e colocado, 3-1.
O Celta logra despois de 5 xornadas unha victoria merecida.
En que quedamos? o belén fai ben os cambios ou non?
ResponderEliminarPois mira, falabamos fai 7 dias de que tocaba semana de reflexión no Celta, e a verdade é que saiu redonda.
ResponderEliminarO equipo estivo enchufado case que dende os exercicios de quecemento. Certo q faltou matar o partido na 1ª metade, pero non houbo sorte pq xogadas houboas pero o balón non entrou... se cadra só correxir os nervios tras o lío montado polo árbitro co penalti que se sacou da manga q nos sacou do partido un bo rato.
Pero o que mais deu coa tecla foi Herrera, que fixo o que todos na grada estabamos a pensar.
Había que ser valente si ou si e arriscar polos 3 puntos xa. E é q cun xogador mais, contra se cadra o peor equipo que ten vido x Balaidos este ano, estar con 2 medicentros cma Bustos e Garai amarrando era un insulto ó futbol... e o feito de q acabasemos con 3 defensas e Bustos cma unico pivote defensivo foi unha mostra mais da fame de ascenso q hai no equipo.
O partido pedía mais lume arriba e abrir o campo. Dani foi un puñal con toda a banda dereita pra el nun partido q puxérase ideal pra as suas caracteristicas, Joan Tomas borrou a mala imaxe da semana pasada xogando mais o futbol e deixando as actuacións teatrais de lado, e Iago gustou coma sempre, pero gusta ainda mais se cabe cando combina con todos tan ben e tantas veces como fixo o domingo, sen dúbida o mellor socio q hai neste Celta.
Mención especial pra De Lucas e Trashorras que en partidos coma este amosan que por calidade o seu lugar está nunha categoría x enrriba; e á parella de mediocentros q formaron o final Bustos-Alex, o 1º omnipresente e inagotable un partido mais, e o 2º dando mostras de que é outro dos q a este paso moi pouquiño vai ter que deambular por 2ª.
Destacar tamén a relación minutos/prestacións de Joan Tomás no q vai de liga: 294 mins, 3 goles e 4 asistencias, o mais productivo da plantilla, e de seguir a semellante paso, con vistas a selo de toda a competición.