Este ano 2011 non puido comezar mellor en casa Celta. Con case a metade do particular "tourmalet de xaneiro" cumprido, e a expensas do que aconteza contra o Xerez a vindeira semana, os celestes semellan afianzarse no 2º posto.
O Celta chegou co 11 de gala salvo a baixa de Alex por lumbalxia, cuberta cun mellorado Michu, e compretada coa incorporación tras sanción de Garai. Po-la banda do Elxe, tiñan a importante baixa do Ghanés Wakaso no medio campo, pero presentaba equipo con potencial, Vasco Fernandes foi das poucas alegrías do mal Celta do ano pasado, contan cun puñal na banda coma Palanca, un sólido Mantecón no medio e co talento de Kike Mateo enrriba. Sorprendeu que a referencia en ataque fora Bodipo coma titular en vez de Linares, e agardábase a entrada dun sempre perigoso Perera na 2ª metade, pero o técnico decantaríase á postre por correxir o erro de Bodipo e dar minutos a un Linares que, ó menos dende fora, semella superior a bondo a un Bodipo en horas mais baixas que nunca.
Comezou o partido cos 2 equipos algo pechados, sabedores da importancia de non perder o encontro. Os locais deron a primeira labazada a remate acrobático de Bodipo no min 15 que vai á cepa do pau esquerdo, e no 30 chut fortísimo de Palanca á porta dun Falcón que despexa ambas a corner no último intre cunhas magníficas estiradas. Un partido mais, e van xa 3 tempadas, amosándose coma un verdadeiro seguro de vida o gardamallas gaditano.
A mellor bagaxe ofensiva dos celtiñas na 1ª metade chegou por ambas bandas en botas dos laterais, gran partido en xeral coas aportación ofensivas nas subidas de Mallo e Lago, o primeiro cun perigoso centro que se envelenaba cara a porteria local, e o último autor do 1º remate directo con perigo ante a porta de Willy Caballero, outro dos grandes porteiros desta 2ª división, que desviaría o potente zurdazo do lateral do Calvario a corner.

O partido non tiña un dominador claro, e cando semellaba que iriamos ó descanso co 0-0, a sorte da semana pasada achegouse outra vez ó Martínez Valero cando Trashorras bota unha falta lonxana, recibe na area escorado á esquerda David Rodríguez quen, de primeiras e ante unha defensa ilicitana moi permisiba, tenta un centro coa perna mala ó segundo pau no que chegaba Michu, pero golpea a bola mais coa canilla que co interior e o balón remata coándose por alto sobre Caballero, achegando o 0-1 ó casilleiro.
Na 2ª metade, o Celta saíu decidido a pechar o partido, fixéronse co control do balón e comezaron a tocar e a combinar, canalizando o xogo por medio dun Michu moi acertado no reparto dos pases. E a piques estivo de acada-lo 2º tanto nun par de boas ocasións en botas de De Lucas e David que non chegaron a materializarse.
Nembergantes, o Elxe seguía a dar algún susto, a sendos tiros de Pelegrín e Mateo. Herrera troca a Trashorras por Joan Tomas como é habitual, buscando mais verticalidade e veocidade nas contras. A balanza inclinaríase de xeito definitivo cara os visitantes, e o gol da tranquilidade chegaría no 63. David combina en 3/4 de campo con Michu pero o balón ven moi alto, os asturiano loita a recuperación, e rouba ante 2 defensas do Elxe que unha vez mais non se entenden e deixan que o balón bote 2 veces diante de eles e Michu escape con el, plántase o "5" só na area e bate de bo tiro cruzado ó gardamallas, compretando o seu mellor partido neste ano, inda que ata o de agora o listón non o puxera precisamente alto.
Ós 71 minutos, Bodipo vaise á rua por 2ª amarela tras mal-finxir un penalti a bo centro de Vasco Fernandes. Lonxe de virse atrás, o Elxe tivo unha boa ocasión, e ós 73 minutos foi o recén entrado Linares (máximo goleador dos locais con 4 tantos) quen lanza un bo chut que finalmente vaise fora rozando o pau dereito de Falcón. O Celta mataba o partido case que na seguinte ocasión. No 76, De Lucas centra dende banda esquerda á area cara Michu que perde o cabezazo ante a defensa, o balón sae mal despexada ó canto esquerdo da area, recolle David quen sen pensalo bota un pase atrás ó que chega perfecto para chutar de fronte De Lucas e fusilar dende o borde da area, sentenciando o partido.
De aquí o final, o Elxe rematou coma un equipo desdebuxado, cun Vasco Fernandes por poñer un exemplo, que sendo lateral dereito, rematou no se sabe ben se coma mediocentro ou mesmo na mediapunta... incógnitas da desesperación en equipos volcados ó ataque cun home menos ante un rival que non deixa oco á sorpresa. A lamentar as tarxetas amarelas vistas por Jonathan Vila e Hugo Mallo, este último ó cometer penalti tras un choque con Linares, que transformaría éste maxistralmente no min 82. Tarxetas coas que cumpren ciclo ambos defensas e que ante a baixa de Murillo, suporá a bo seguro a principal dor de cabeza para Herrera de cara a confección do 11 inicial ante o duro partido contra o Xerez na fin de semana vindeira no estadio de Balaidos.
Con estes 3 puntos, un Celta que vense amosando compretamente convencido do seu potencial, acomódase na 2ª praza a 2 puntos dun Raio que rematou gañando no último intre nesta xornada, e recurta a só 4 puntos a desvantaxe co Betis, que amosa que tamén pode pinchar, un aliciente máis se cadra para sair a morder a xornada que ven na casa ante o Xerez e tentar achegárselle un pasiño mais ós verdibrancos. E deste xeito paseniño, vaise gañando convincentemente un posto no ascenso directo cara primeira división.
No hay comentarios:
Publicar un comentario