lunes, 17 de enero de 2011

Pouco fútbol en Balaídos

Presentábase o Celta, o Sábado en Balaídos, coas gañas de mantela racha positiva que leva neste 2011, pero enfrente tivo a un rocoso conxunto que lle puxo as cousas complicadas, o Xerez.

Paco Herrera sacou un once inédito marcado polas sancións que carrexaba da xornada anterior, Vila e Hugo Mallo; así fixo debutar a Víctor Vázquez e apostou pola parexa de centrais Ortega - Catalá; o resto os habituais do seu once tipo, Falcón baixo paus, Roberto Lagto no outro lateral, con López Garai e Bustos na contención, Álex López e De Lucas nas bandas, Trashorras de enganche e David Rodríguez en punta.
O partido comezou co Celta levando o control do xogo e un Xerez exercendo unha gran presión no medio do campo, o que impedía que o balón circulase con fluidez no bando celeste e polo tanto entraran en xogo Álex López, De Lucas e Trashorras. Así con este panorama o conxunto vigués despuxo de moi poucas ocasións na primeira metade, e as primeiras do partido foron para o equipo andaluz.

Ó cuarto de hora de comezalo encontro Jose Mari enmudecía Balaídos cun remate cruzado dentro da área que marchou lambendo o poste, o ex do Milán controlou moi ben un balón que lle serviu Óscar Díaz (ex-celeste) dende a dereita, e dez minutos máis tarde o propio José Mari mandou un potente disparo dende fóra da área que se marchou por alto.

Pero se algo diferencia a este Celta do de tempadas anteriores é que con moi pouco consegue marcar; así na primeira ocasión claras dos vigueses, éstes conseguen o 1-0; a xogada naceu dunha falta algo escorada cara o lado dereito que colga Trashorras, Catalá prolonga no corazón da área e De Lucas libre de marca consegue o tanto, era o minuto 33; neste tipo de xogadas vese a boa mán de Paco Herrera coa estratexia. O gol foi un lastre moi pesado para os andaluces, que non souberon reaccionar, e case levan outro máis pa caseta se nun libre directo maxistralmente sacado por Trashorras o balón en vez de petar na cruceta petara nas mallas da portería defendida por Chema, que nada podía facer nesa falta.
O fútbol exhibido por ambos conxuntos neste primeiro tempo foi insulso e aburrido po espectador, xa que concentrábase na meirande parte no medio do campo e apenas xeneraron ocasións de gol.

Na reanudación os homes de Javi López sairon a polo partido, esas gañas traducíronse nun dominio da posesión do balón abrumadora por parte dos andaluces, e un Celta agazapado atrás esperando matalo partido á contra. quizáis esta actitude foi a que fixo que os vigueses non se levaran os tres puntos.

Pero no 55 empezouse a trunca-lo plan para os vigueses, xa que se produce a lesión de Roberto Lago, e Herrera decide dar entrada no seu posto a Dani Abalo, xa que no banco non dispuña de laterais (Murillo lesionado e Mallo sancionado), este troco levou o corpo técnico a retoca-lo debuxo disposto no campo, debido a pouca disposición de Abalo para defender, así 15 minutos despois sacaron a David Rodríguez e deron entrada a Túñez, algo insólito esta tempada nos celestes xogar con defensa de 5, 3 centrais e 2 falsos laterais.

Aínda asi con este panorama o dominio dos andaluces non se traduciu en ocasión algunha, pero rondaban moito polos dominios de Falcón. De feito as mellores ocasións do segundo tempo foron celestes, así nunha contra ben levada por Dani Abalo e Bustos, o arousano asiste dende a dereita cara a frontal da área onde chega Álex López que con todo o seu favor manda un disparo moi alto. E no 74 nun calco do libre directo da primeira parte Trashorras volve manda-lo balón á cruceta da postería azulina.

Paco Herrera quizáis para darlle máis consistencia ó medio campo olívico deu entrada no 80 a Michu por Trashorras, pero non funcionou xa que o Xerez levaba o mando do encontro e tiña ó Celta moi metido atrás.

Así no 90 nun balón colgado á frontal da área viguesa por Héctor Font, peinouno Jose Mari que lle gaña o salto a Catalá, Bermejo rouballe a posición a Ortega, controla e bate a Falcón por baixo, 1-1.

Quizáis o Xerez, por ocasións non mereceu o premio do empate, pero polo xogo desplegado no segundo tempo, no que sempre rondou a portería defendida por Falcón, pareceume un resultado xusto. O Xerez ademáis conseguiu desbaratar o medio campo vigués cunha boa labor na presión dos seus puntas e medios, personificando esta labor en Bermejo, José Mari, Óscar Díaz, Redondo e Héctor Font.

Comentar tamén o correcto partido realizado polo debutante (na tempada) Víctor Vázquez. E a maiores dicir que tamén voltou polo coliseo vigués Edu Moya, quizáis o peor dos visitantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario