sábado, 22 de enero de 2011

Golpe de Autoridade

O de golpe de autoridade quédase curto. O Celta esmagou con 4 puñetazos a mesa dun Cartaxena que, a pesar do resultado, fixo un desplegue físico imponente e acaparou a posesión toda a primeira parte.

O encontro comezou moi forte, Celta era sabedor de que o Cartaxena cústalle arrancar e saiu co coitelo nos dentes dende os vestiarios, ó que os murcianos contestaron pagando coa mesma moeda. Pero o que diferencia a este Celta non só dos do ano pasado, se non tamén da meirande parte dos equipos de 2ª, é a sua abraiante pegada enrriba.
Sen moito menos acaparar a posesión, nin dar os inesgotables toques como facían na era Eusebio, este Celta é un muro en defensa, cun porteiro de 1ª coma Falcón, un Jonathan Vila inconmensurable na sua 1ª tempada coma central, un laterais que, xogue quen xogue (incluido o hox debutante V.Fernández tras 5 meses de lesión) e a pesar de que o mais veterano deles é Lago con só 25 anos, semellan auténticos veteranos.

No medio, recupera con Garai e un Bustos que está facendo unha temporada pletórica como a basoira que barre con todo, sae xogando á contra coas impagabeis subidas dos laterais, con pases rápidos ó primeiro toque entre Trashorras e Michu ou Alex (dependendo quen estea no cespede) que acotío se converten en pases en profundidade a un David que mais aló dos goles que erra pola sua escasa calidade técnica compensa cun traballo físico sen balón encomiable, e cara ó sempre xenial De Lucas ó que sobran as palabras para calificar a sua expléndida tempada. Dita combinación de factores adoita rematar habitualmente, e para sorte de todos os celtistas este ano, en gol. De feito, ata en 40 ocasións rematou así o conto nesta 1ª volta. Impresionante.

E así foi como, tras varios intercambios de golpes e unha ocasión marrada por David e un chut lonxano de Garai que, esta vez para variar, no se vai alto as nubes como nel é habitual, e sae pegadiño á cepa do pau metendo o medo no corpo de Kiko Casilla. A primeira labazada na faciana dérona os visitantes, coa cabezada no min 7 de David a centro do de sempre. De Lucas recibe o balón tras un corner sacado en curto por Trashorras, regatea dentro da area a 2 rivais nunha baldosa xusto onde a liña de saque de porta, centra á cabeza de David, e este machaca a pracer. O pasador catalán é a peza crave deste equipo.

Golpazo para un Cartaxena que, saindo moi enchufado, veía como partía dende o comezo xa por atrás no marcador. Enrrabietados, e cun Celta agardando a súa oportunidade, atosigaron á portería de Falcón ata en 3 ocasións os Toché, Cygan e Toni Moral, que envía incomprensiblemente fora un remate que lle caía plácido na sua perna esquerda, a boa en teoría, e que só ante o porteiro gaditano fai o mais dificil e mandaa fora de porta. Outro factor a ter en conta este ano é a gran sorte nos momentos clave que está a ter o Celta neste ano, xa que cando a defensa non solventa, faino un sempre fiable Falcón, e cando el non chega son a sorte en forma de balóns ós paus, ou o mal tino dos atacantes quenes fan o resto.

De seguido, un gol anulado a Goiría (que recén entrara en sustitución de Toché por lesión) tras fora de xogo moi xusto pasados os 30 mins de xogo, foi a proba de que os que perdoan, perden. O Celta dominaba sen o balón, xa que facía o que quería cun Cartaxena ó que mataba nas contras, varias delas desaproveitadas, ata que no 40, e sen ánimo de parecer un disco raiado, unha boa contra levada en carreira coma sempre por de De Lucas, deixao prantado no man a man co porteiro local, e no derradeiro intre e sen mover a cabeza en toda a xogada, mira polo rabiño do ollo o bo desmarque de Michu ás suas costas, e sirve co seu habitual sangue frio un pase en bandexa dos que non se adoitan ver en 2ª división, subindo o marcador o 0-2 no min 40 a pes de asturiano, e tirando pola borda as ilusións dos locais.

Tras o tempo de lecer, os murcianos desapareceron ante un Celta moi superior, con contras matadoras. No 55 David puido sentenciar tras gran xogada de Garai que serve a Trashorras, este de espuela mete un pase en perfecto en profundidade a David que amosa as suas limitacións pegando de interior un balón que pedía golpeo coa puntiña e de exterior, enviando contra pronostico o balon fora.

Ainda así, e para colmo dos locais, volveu ser nunha contra que o partido morrería co 0-3. David recolle na frontal, conduce con velocidade e enmenda o erro anterior póndolle o balón perfecto a Trashorras para que a colocara ante Casilla a gol, e baixara o telón no min 60 dun partido que a partires de eiquí convertiuse en monólogo celeste.

O anquiño celeste move ficha de seguido e dalle descanso a un De Lucas ó que hai que dosificar o posible cara partidos mais esixentes, entrando Iago Aspas (e obviando a un Papa que é sabedor que se non xogou nun partido coma o de hoxe, pouco vai aportar de aquí o final) A pesares do resultado, o adestrador local non se daba por morto e reforzou o ataque cun Iñaki Muñoz que fixo o único perigo cun chut á escadra celtiña, e un Lafuente que vista a sua calidade e a pesar de non ser xa un rapa, non se entende a sua suplencia nun 11 coma o de onte.

Herrera seguiría co seu ritual de trocos, con Joan Tomás por Trashorras no 80 e Abalo por David no 82, que entrarían para ver a guinda do pastel por parte de Michu, que remata a pracer unha boa xogada á contra levada por Joan Tomás, que abre a banda esquerda cara Aspas, quen fabrica unha xogadiña individual para desfacerse da sua marca e serve un pase da morte para o asturiano, que firmaría outro bo partido. Non tanto polos goles en sí, se non mais po-lo seu bo criterio nos pases, a facilidade para xogar o 1º toque, e sobretodo por acompañar todas as xogadas de ataque con frecuencia e, como finalmente amosan os seus 2 goles, po-los bos desmarques, que foron tan constantes como axeitados á postre.

Así, superada con nota a particular durísima etapa de montaña que supuxo este mes de Xaneiro para o Celta xa apiques de rematar a falta da visita ó Barça Atletic, e coa 1ª volta resolta xa, non hai dúbidas sobre ó que aspira este Celta.
Os celestes plántanse no ecuador da tempada coma 2º clasificado con 43 puntos, igulados ó Raio Vallecano pero a anos luz de eles en canto ó fútbol practicado sobre o campo, cuns imponentes 11 puntos de vantaxe sobre Xere e Cartaxena, 4º e 5º clasificado igualados a 32; e a só 3 puntos dun Betis que semella comezar a ergue-lo pé do acelerador.

Rematamos por tanto a 1ª volta con 43 puntos, os cales non acadou o ano pasado deica a xornada 35 de Liga. Somos o equipo da categoría con menos derrotas, só duas, a primeira contra o Barça B po-la mínima na 1ª xornada, e nas vindeiras 20 xornadas de liga só unha derrota, contra o Valladolid, e para iso cruelmente encaixada no tempo engadido, e con 2 xogadores menos no campo.
Sumanse 40 goles ó remate do partido de hoxe en Cartaxena, ou dito doutro xeito, levamos a estas alturas 2 goles mais que no total do ano pasado.
Evidentemente, o obxectivo non é compararse coas lamentables 3 últimas tempadas, senón cos mellores Celtas da historia de 2ª. Así, o actual equipo celeste supera con creces ó Celta que ascendeu de mans de Vázquez, e por tanto hai que por o til en estar preto dos 79 puntos do Celta da tempada 81-82 a final de liga.

Por tanto, acabouse o de poñerse caretas para non crear excesiva expectación, remataron pois os discursos sobre que o obxectivo primordial era xogar o play-off. De agora en diante, calquera cousa que non sexa centrarse en acada-lo ascenso directo ó final da tempada é enganarse a un mesmo. Un ascenso directo que este ano semella vai estar mais caro que nunca.

De feito, e sendo esta unha apreciación persoal, tal como van os equipos de enrriba, e previndo o lóxico baixón que presentan todo-los equipos, non descartaría que precisaramos acadar, no peor dos casos, ata ó redor dos 83 puntos para optar a ocuparmos unha das 2 primeiras posicións, xa que ata o de agora os 3 equipos de enrriba semellan vinteaneiros abusóns nunha liga repreta de alevíns. Unha magoa que só 2 de eles poidan ascender directamente dende unha liga que a todas luces, estáselles a queder pequena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario